Río Pulgán

Río Pulgán

O Rego de Pulgán ou Río Pulgán nace nas alturas da Mámoa de Segade, do Marco de Pulgán e do Monte de Rego de Frade, a case que 800 metros de altitude, elevacións da Dorsal Central Galega que separan as provincias de Pontevedra e Ourense no límite entre os concellos de Dozón e O Irixo. Como é habitual en Galicia, esta corrente de auga irá cambiando o seu nome cada pouco, sendo Río de Seixas unha vez pasada a praia fluvial de Sanguiñedo e Rego Valiño antes de unirse ó río Asneiro, xa no concello de Lalín. O tramo entre as fontes e a praia fluvial ten derredor de 4,5 quilómetros de longo. Ecoloxicamente é un espazo de río de media montaña que, polo seu encaixamento, presenta un denso e ben conservado bosque de ribeira no que os bidueiros son o máis claro sinal vexetal da simbiose entre a notable altitude e o ámbito fluvial. As elevadas precipitacións serráns, que poden superar os 1.800 milímetros anuais, posibilitan un caudal permanente e abondoso que explica a grande cantidade de muíños que hai para un tramo tan curto de río. Estes, en número de seis, poñen a nota de aproveitamento humano nun paseo por un espazo cunha biodiversidade vexetal e animal privilexiadas.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.