Cruceiro de Sanguiñedo I

Cruceiro de Sanguiñedo I

O cruceiro atópase vencellado á igrexa de Santa María de Sanguiñedo e, por dito emprazamento e estar dotado dun pequeno altar a modo de mesa de ofrendas, podemos dicir que se asocia cunha función de parada de procesións e enterros. Comezando pola súa parte inferior, non presenta plataforma e parte directamente dun pedestal cúbico e biselado de aproximadamente un palmo de alto. O varal inicia e remata cúbico, mais a sección principal é octogonal, realizándose a transición en punta de frecha cóncava en caras alternas e contendo esta curvatura unha decoración xeométrica a modo de bolas. O capitel, perfectamente embutido na columna, destaca pola súa notable sección. Presenta unha parte inferior en forma tronco-prismática invertida con caveto na moldura principal, escondendo na parte intermedia un prisma rectangular rebaixado e, por fin, amosando unha moldura superior cuadrangular composta por dous filetes en banzo invertido. A cruz é lisa, sen inscricións nin figuras, de forma octogonal e de remates florenzados en pau e travesas. O xa comentado pousadoiro de ofrendas, de pedra coma o resto, consta de tres pezas: a táboa superior, elevada a uns 70 centímetros, está soportada por dous pés moi distintos, sendo o máis próximo á columna simple, pero o exterior consta dunha peza cadrada cun furado central.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.