Cruceiro no Castro
É un cruceiro situado no medio do núcleo poboacional formado pola Igrexa do Castro e no
contorno do Castro de Dozón. O seu fuste cilíndrico apóiase no chan mediante unha peza cúbica
de pedra e remata na parte superior cunhas volutas xónicas. Este fuste divídese en dúas partes
mediante un elemento horizontal tallado na pedra a modo de abrazadeira. Dende este elemento
cada parte do fuste tállase con fendas que lle confiren maior verticalidade.
A cruz é latina recta e contemporánea coa imaxinería tradicional de Cristo. Diante do cruceiro
vemos un pousadoiro, elemento cuxa función principal era a de servir de lugar de oración cando
se trasladaban os cadaleitos aos cemiterios.
O controno no que se sitúa, rodeado de inmobles, fai que pase desapercibido para o público.