Igrexa de Bidueiros
Igrexa sinxela de planta rectangular dunha sola nave coa sancristía acaroada. A ábsida destaca
en altura cuberta a catro augas. A fachada ten portada alintelada e está enmarcada con molduras.
A espadaña é accesible a través dunhas escaleiras visibles dende o exterior, é de dobre van con
remate en frontón e decoración de placas na base e pináculos nas esquinas. Remátase cun
frontón perforado cun arco de medio puto. Sitúase nunha paisaxe rural tranquila e lixeiramente
elevada que invita á medicación e ao descanso, sensación que se alimenta a través do pequeño
adro pechado cun muro tradicional que ofrece sensación de acollemento. A enorme casa reitoral
en forma de L está en conexión co adro e a escasos metros do núcleo poboacional de Bidueiros.