Área recreativa Pena de Francia

Área recreativa Pena de Francia

Esta área de lecer ocupa as inmediacións da capela que honra á Virxe de Pena de Francia, destacando polo seu valor histórico, cultural, polas vistas panorámicas e a contorna paisaxística. Atópase no alto da Dorsal Central Galega, na aba superior da cima da Pena de Francia, de 914 metros de altitude. Dende esta obsérvase o Monte Faro, a comarca do Deza e ata o Pico Sacro, a 45 quilómetros de distancia. É unha zona de antigos cultos pagáns e de enterramentos prehistóricos, cristianizada posteriormente, dando lugar a celebración relixiosas que, na actualidade, lévanse a cabo o primeiro domingo de setembro, cando a Virxe, que se trae dende a igrexa de Santa María de Dozón, é venerada e sae en procesión. Ese día ten lugar unha multitudinaria romaría nesta área recreativa.

O acceso á área de lecer pode facerse en coche partindo da estrada que une A Gouxa e Santa María de Dozón. A área presenta diversas especies arbóreas que protexen do sol os merendeiros, destacando pola súa abundancia os carballos americanos e os bidueiros, aínda que non fallan os castiñeiros e os nosos carballos. Conta cunha ducia de mesas e os seus respectivos bancos para comer, acompañados por unha fermosa fonte monumental delimitada por un muro baixo de pedra. Preto do lugar, ladeira abaixo, atópase a nomeada Carballeira do Rei, un pequeno bosque no que manan do terreo as fontes do río Asneiro. É un lugar ideal para pasar un día completo en familia ou con amigos descansando, facendo rutas a cabalo, ciclismo ou sendeirismo.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.