Cruceiro de Dozón I

Cruceiro de Dozón I

É un cruceiro de gran calidade artística situado nas inmediacións da igrexa de Santa María de
Dozón. Nun lado da cruz latina vemos a Cristo e noutro á Virxe coroada por dous ánxeles. É unha
iconografía de orixe medieval que xorde da devoción de María como Nai. A súa representación é
pouco habitual en cruceiros así como a súa imaxe, habitualmente en actitude piadosa, mirando ao
chan coas mans en oración. Neste cruceiro a Virxe mira cara arriba e apoia a súa man esquerda
no seu ventre, lembrando ás Virxes góticas que representan a Anunciación.
As figuras están apoiadas sobre un capitel de inspiración xónica e fuste estriado de dúas formas
diferentes, na parte superior as estrías son máis finas que na inferior. Remátase con moldura
sinxela e apoiase sobre a base cúbica que descansa nunha plataforma feita con tres pedras
circulares a modo de grada.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.