Cruceiro Igrexa II
Este cruceiro sitúase na entrada do cemiterio do Sisto e a súa forma é a mesma que o Cruceiro I,
separados solamente uns 150 metros. Poderíamos imaxinalos nun contorno rural, con dous
únicas edificacións construídas: a a igrexa e o cemiterio. Así entenderemos mellor o seu contexto
histórico e a razón de ser de que ambos sexan practicamente iguais.
Na actualidade, o contorno está construído con granxas, edificacións auxiliares e por vivendas
residenciais; polo tanto, é difícil imaxinalos na súa función principal, a de proporcionar esperanza
na vida enterna. Se nos abstraemos de toda edificación moderna podemos velo nun contexto de
enorme relixiosidade, configurando unha paisaxe cultural que emana poder espiritual.
O cruceiro componse dunha base cadrada sobre plataforma, fuste liso octogonal e capitel
moldurado, sen decoración. Sobre el sitúase unha cruz peculiar porque os seus brazos ábrense
nos extremos formando unha cruz ancorada, chamada así porque lembra as áncoras, símbolos da
esperanza na vida eterna. A cruz non ten imaxinería.