Cruceiro de Vilarello
É un cruceiro sen imaxinería, de base cúbica e fuste recto rematado por un capitel de liñas rectas,
sinxelas, sobre o cal se sitúa unha cruz ancorada, chamada así porque lembra ás áncoras,
símbolos da esperanza na vida eterna. Por iso, é habitual atopala próxima aos cemiterios. A
tradición di que a usaban os primeiros cristiáns porque era diferente da cruz latina e así podíana
venerar sen medo a ser perseguidos.
A súa singularidade entendémola no contexto da igrexa e na obrigatoriedade de pasar polo seu
lado para acceder a ella. Cruceiro e igrexa forman un conxunto inseparable.