Capela da Virxe da Pena de Francia

Capela da Virxe da Pena de Francia

É unha capela dunha nave con pequenos vans rectangulares moldurados nos muros laterais.
A fachada está flanqueada por pilastras con pináculos, a portada é alintelada cun van a cada lado
en forma de arco de medio punto que estructura unha ventá á esquerda e unha fornela coa imaxe
da Virxe, á dereita. A capela remátase cunha espadana central moldurada e adornada cun óculo
na súa parte superior sobre o cal se colocou unha cruz.
É un lugar de romaría situado en plena natureza, dende o que se ve un enorme val. O contorno
habilitouse para o efecto posto que na fronte da capela hai un gran adro cun altar de construción
recente para celebrar misas multitudinarias tralas cales os fieis comen nunha área recreativa
cercana, á sombra dunhas fermosos carballos.
A devoción a esta Virxe ven probablemente a través do Mosteiro de San Pedro de Vilanova aínda
que a advocación vencéllase ao Camiño de Santiago. Tamén a atopamos na Cañiza e en
Salamanca.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.