Fonte Dozón

Fonte Dozón

Fonte situada ao lado do Cruceiro Dozón I e en contacto co muro perimetral da Cas Reitoral de
Santa María de Dozón. É de factura sinxela, cun solo cano. Parece ter sido construída coa única
función de ser útil, para encarreirar a auga dun manancial.
Está ó ras de chan e formada cunha lápida labrada con formas sinuosas, tanto na súa parte
superior en arco como na unión ao chan. Rebáixase no interior para facer resaltar unha inscrición
que se le con dificultade e di “ano 1958”.
Forma un conxunto interesante coa casa reitoral, a igrexa e o cruceiro, elementos sagrados que
elevan a auga como ben santificado ou consagrado, o elemento purificador ao que calquera
persoa pode acceder libremente.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.