Capela A Gouxa

Capela A Gouxa

As capelas son pequenos templos independentes das igrexas parroquiais que pretendían, como indica o termo diminutivo derivado da palabra latina “capa”, dar abeiro e protección relixiosa ó seu entorno debido a crenzas, aparicións, bondades naturais ou actividades humanas alí desenvolvidas. Este último caso é o que explica a da Gouxa, no camiño real polo que discorrían os arrieiros a través das altas montañas do centro de Galicia levando os seus produtos entre cidades e comarcas. Aquí facían unha parada na feira tradicional que, dende o medievo, vense celebrando neste asentamento, obtendo amparo relixioso para o bo discorrer das súas compras e ventas.

A utilidade da capela ten mudado, pois xa non actúa como centro de devoción, nin alberga nada no seu interior que dea testemuña da súa haxiografía ou advocación. Trátase dun edificio simple, que non se diferencia moito dos próximos, utilizado como estes para actividades agropecuarias. En todo caso, conserva a súa planta rectangular de pequena talla e nun só espazo aberto, unha evidente austeridade ornamental, habitual nestes casos, e un piso terreiro. Perdeu a súa espadana, seguramente dunha sola campá en orixe, véndose ampliadas as características pequenas fiestras laterais. A entrada é o único que fai lembrar a antiga función, cun arco de medio punto que fala da súa antigüidade, ademais dun beiril que separa o edificio primixenio dunha ampliación posterior. O seu tellado a dúas augas presenta no interior un soporte de vigas y tesoiras sobre as que se dispón un armazón de pontóns e listóns de madeira.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.