Albergue O Castro

Albergue O Castro

O albergue municipal de peregrinos de O Castro ofrece os seus servizos durante todo o ano a aqueles viaxeiros con credencial que realizan o Camiño do Sueste ou Vía da Prata. Inaugurado en 2007, atópase nun edificio moderno de pedra e conta con 50 prazas, 5 en habitacións privadas, dúas dobres e unha individual, sendo o resto espazo para liteiras. Posúe calefacción, auga quente, duchas, cociña, comedor e dispón dun lugar pechado para bicicletas, así coma espazo para cabalos. O seu emprazamento é ideal, nunha posición elevada respecto á contorna, con excelentes vistas para gozar da paisaxe das montañas da Dorsal Central Galega. Ademais, coas súas inmediacións en xardín, atópase no Complexo de Ocio do Concello, xunto ás Piscinas, das que se pode facer uso en verán.

A situación do Albergue é inmellorable, en pleno ambiente rural, pero moi próximo á cabeceira municipal, o pequeno núcleo urbano de O Castro, ó que se chega andando en tres minutos. Isto achega ó peregrino a importantes servicios, pois nun intervalo de 5 minutos camiñando pode chegar ó centro médico, á farmacia, acceder ó ocio en bares e restaurantes e mesmo adquirir produtos variados de supermercado.

301 167 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.