Muiño (Cubela Riazó)

Muiño (Cubela Riazó)

O de Riazó é un interesante muíño existente no camiño que une as aldeas de Riazó e Diz. A súa importancia queda clara polo feito de que dá nome ó río que pasa ó seu carón, o Rego da Cubela. Unha cubela é unha parte do muíño, en concreto o recipiente que acumula auga antes de entrar no rodicio para asegurar unha forza motriz e unha cantidade hídricas suficientes para facer virar as súas moas. Este tipo de muíños, chamados “de cubo” (sendo cubela un diminutivo debido á menor dimensión do vaso), serven para aproveitar regatos con caudal escaso e irregular, emprazándose en lugares en costa, con importantes desniveis do terreo, na marxe encaixada dos regatos, que así facilitan o desvío do curso hídrico natural mediante un cano chamado levada. Este remata na cubela, que se atopa emprazada na parte alta do muíño. Acumulada a auga, só queda abrir a biqueira, peza de madeira que impide o paso da corrente. Deste xeito conseguirase a forza necesaria para mover as pas do rodicio e a vara, que transmitirá o seu virar ata as moas. O muíño de Riazó, dunha soa pedra, atópase moi ben conservado, sendo posible ver o seu inferno, o rodicio e a citada vara, así o como o pousafoles, incrustado na parede a carón da porta. Os muros do muíño compóñense de grandes perpiaños e cachotes de granito. O pinche do seu teito, feito a base de lousas e dunha soa auga, acada os 2,5 metros dende fóra, mentres a planta do tremiñado ten uns 20 metros cadrados de superficie.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.