Camiñando: praia fluvial de Sanguiñedo – Seixas

Camiñando: praia fluvial de Sanguiñedo - Seixas

Partimos da praia fluvial de Sanguiñedo seguindo a estrada local cara ó oeste para, en 300 metros, desviarnos por unha pista asfaltada que cruza, entre árbores de ribeira, o río Seixas. Pouco tempo despois veremos unha pista á dereita que leva a Seixas, pero nos interesa continuar polo frondoso bosque de carballos para acadar o máxico lugar do igrexario de Sanguiñedo, tranquila e solitaria paraxe exemplo dos templos apartados dos núcleos de poboación. Ó conxunto de igrexa, cemiterio e cruceiro hai que engadir un impresionante carballo, de dimensións monumentais.

Volvendo, tomaremos a pista de Seixas, entre bosques de ribeira e carballeiras á esquerda e, á outra beira, unha extensa repoboación forestal a base de piñeiros de Monterrei e algúns marítimos. Baixo os piñeirais, segundo a época, descubrirase unha rechamante florida matogueira de queiroas, carqueixas, breixos e toxos. Acádase de novo o río en Ponte das Lamas (km 2), lembrando antigas medras que deixaban prados e bosques asolagados e “levaban” por diante as pontes. Esta, que hoxe é unha pasarela de madeira, tivo anteriormente un armazón de vigas sobre o que se dispoñían grandes lousas, soportado todo polos dous piares de pedra.

Seguidamente comeza un treito que discorre polo bosque do río, coa corrente pegada á nosa dereita, formando un verdadeiro oasis de biodiversidade. Pasado un saínte rochoso crúzase un afluente que baixa dende a aldea de Vilar de Montes, podendo observar aquí algún dos grandes sanguiños que dan nome á parroquia.

Pouco a pouco ascéndese e se outea o val, as súas escarpadas ladeiras, un tramo encaixado cos Prados do Río no seu fondo. Neles houbo un muíño que hai anos foi arrasado por unha enchente. A cañada fluvial ofrécenos unha ampla e formidable panorámica cara ó sueste do concello. O camiño empínase pola Costa da Silva, pero por pouco tempo, pois unhas curvas nos deixan en Cabo do Agro, extremo dos terreos agrarios de Seixas. A nosa ruta dá volta tras ver a aldea, un lugar aireado, elevado, con fonte e con árbores froiteiras así como exemplos de arquitectura tradicional. Retornaremos repetindo a experiencia.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.