Pendellos da feira da Gouxa
Este tipo de arquitectura comercial, os Pendellos, atópase nos lugares donde se celebraron as
feiras máis importantes de Galicia. Datan do século XVIII e eran lugares de compra e venda.
Están estruturados en modo lineal, miden uns 22 metros de longo e van paralelos á estrada. Aínda
son susceptibles de utilizar os días de feira. Están construídos en pedra, cunha parte traseira de
muro con pequenos vans mentres que na parte dianteira están abertos, a modo de expositor.
Neste lado encóntranse tamén grandes bloques de pedra que forman o mostrador e estanteirías
para colocar o produto. A cuberta sostense nun lado sobre o muro e noutro sobre unhas trabes de
madeira que se apoian en columnas de pedra que van directamente ao chan. Son construcións
sinxelas pero moi funcionais e contribuíron á formación do urbanismo do lugar posto que ao seu
lado está o núcleo rural tradicional.