Cruceiro do Sisto I
Este cruceiro sitúase nas inmediacións da Igrexa de San Xoán de Sisto, á entrada dun pequeño
núcleo poboacional xerado arredor da igrexa. Está nun desnivel do terreo polo que a súa base
cadrada, en forma de grada, ten tres pasos vista dende un lado e sitúase ó ras do chan dende o
contrario, donde ten acaroado un pousadoiro de base maciza cuxa función era a de depositar o
cadaleito para parar a rezar se o cruceiro se situaba no contorno dun cemiterio ou celebrar misa
ao aire libre. O fuste é un prisma octogonal que remata cun capitel de inspiración corintia. A cruz,
de forma case grega, ten a imaxe da Virxe e de Cristo, un a cada lado. O cruceiro componse de
pezas orixinais e pezas novas.