Cruceiro de Saa

Cruceiro de Saa

O cruceiro sitúase na gran explanada que precede a Igrexa de Saa, fóra do seu adro e
practicamente ao lado da estrada. Está protexido por unh enreixado metálico. Ten pousadoiro
exento formado por tres pezas de pedra labrada. É un elemento dos cruceiros que se sitúan no
camiño ao cemiterio e a súa función era a de pousar o cadaleito para parar a rezar ou celebrar
misa ao aire libre. O cruceiro ten base cúbica moldurada coa imaxe de Santiago a medio fuste.
Remata cun capitel de inspiracion xónica sobre o que se asenta unha cruz latina de construción
recente.
O cruceiro é o elemento que indica a existencia dun lugar sagrado posto que a igrexa, retirada uns
30 metros cara o leste, está oculta polo seu muro de pecho e por un gran árbol.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.