Reitoral do Castro
Edificación de gran envergadura con planta baixa e piso que debido ao desnivel do terreo, na súa
fachada principal convértese en planta baixa e soto. O desnivel débese a que a reitoral se sitúa na
base do Castro de Dozón. No piso baixo ten vans abucinados mentres que no superior adórnanse
con linteles voados. Ten un patio anello pechado por muro alto e alpendres. Un deles sitúase nun
ángulo do inmoble e serve de entrada á finca, achegando un aire señorial ao inmoble.
A Casa mantense coa estrutura da súa creación posto que non tivo ningunha rehabilitación agás
as ventás. Na zona traseira e de recente construción, vemos un muro de contención que delimita
a estrada e contribúe a realzar o inmoble. Forma unha fermosa paisaxe cultural, xunto coa igrexa
e o cruceiro homónimos.