Casa Reitoral Dozón
Edificación robusta de planta cuadrangular que pecha o adro da igrexa e o cemiterio de Santa
María de Dozón. Ten cuberta a catro augas e cornisa moldurada. Na planta baixa ten vans
abucinados mentres que na planta superior son rectangulares con grandes impostas marcando a
peaña e o lintel. Na súa construción aprecianse dous tipos de pedra: na parte dianteira utilízanse
grandes perpiaños e na traseira pequeas pedras labradas máis sinxelas e de menor calidade así
como vans máis pequenos; é algo habitual nas “casas grandes”, que amosan o seu poder nas
zonas que recibían visitas. O Cruceiro Dozón I e a Fonte Dozón están ao final do seu peche
perimetral. Ten un amplo patio con construcións para o servizo da casa.