Cruceiro do Castro III

Cruceiro do Castro III

Situado na aldea de Cadaval, á beira dun camiño, posiblemente constitúe o cruceiro máis orixinal do concello a nivel histórico. Diante del aparece unha lápida vertical con inscrición que lembra a morte de 24 soldados do exército liberal fusilados a mans dunha columna carlista o 16 de xuño de 1839 durante a Primeira Guerra Carlista. O texto di “HÍZOSE / A LA MEMORIA DE LOS SOLD / ADOS QUE HAN MUERTO EN / ESTE CAMPO FRENTE A LA / CALABERA EL DÍA 16 DE JUNIO /  DE 1839. UN PADRENUESTRO”. No referente ás súas características artísticas presenta tamén algunhas singularidades. Ten un pedestal cilíndrico, alto e pouco traballado. Sobre o mesmo elévase o varal, bastamente asentado, columna que comeza cuadrangular e segue octogonal rebaixada sensiblemente en oitavado, con transicións en punta de frecha. Na parte alta deste fuste aparece un frade franciscano cun libro no brazo dereito, hábito saial con pregues, coa cruz na man esquerda e o habitual cordón da congregación. Como transición cara ó capitel vese un colar octogonal fino, que se abre dende un rebaixe en concavidade irregular para dar acollida enriba a volutas espirais en forma de caracol que lembran o estilo xónico. Pola súa parte, o crucifixo é extremadamente simple, de sección cilíndrica, liso, sen inscricións nin figuras.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.