Igrexa do Mosteiro de San Pedro de Vilanova

Igrexa do Mosteiro de San Pedro de Vilanova

Esta igrexa é do primeiro terzo do século XIII. É de unha sola nave e ten ábsida semicircular cuxa
principal característica é o efecto descentrado da fachada oeste. A nave ten tirantes apoiados
sobre cinco pares de ménsulas que se ven no exterior a modo de contrafortes e marcan a estética
da igrexa, engadindo unha marcada lectura vertical que na fachada oeste se rompe coa imposta
con canzorros que se sitúan sobre as arquivoltas que vemos tanto na porta principal como lateral.
A ábsida circular arranca sobre un tramo recto en cuxa parte superior se sitúa o Agnus Dei ou Año
Místico, representación do sacrificio de Cristo.
A igrexa pertence ao mosteiro feminino ao que estaba acaroada pero non chegou á actualidade.
Era de construción sinxela e de pequeno tamaño, axeitado para albergar a unha comunidade
reducida.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.