Igrexa de San Xoán do Sisto
É unha igrexa do século XVI dunha nave coa ábsida destacada en altura, pináculos nas esquinas
e contrafortes para reforzar o arco que separa o presbiterio do resto da nave. A sancristía está
acaroada e o muro sur ten canzorros figurados de animais e unha porta alintelada con arco
cegado, unha cruz esculpida e un perpiaño cunha interesante figura humana rodeada dun
axedrezado.
A fachada está flanqueada por pilastras rematadas en pináculos con portada de arco moldurada e
alintelada. A espadana é de dobre van.
No interior hai unhas magníficas pinturas murais datadas a mediados do século XVI do
chamado “Maestro de Sisto” ao que tamén pertencen as pinturas murais de Santa María de
Dozón. Na igrexa de Sisto cobren a totalidade dos muros e están perfectamente restauradas.
Representan a pasión de Cristo agás no gran arco de medio punto do presbiterio, donde se
recollen esceas de San Xoán Bautista, patrón da parroquia.