Castro de San Salvador do Castro

Castro de San Salvador do Castro

A mais de 750 metros de altitude, sobre as chairas que nivelaron as antigas montañas galegas, elévase un outeiro que acolle o castro de Dozón, xénese do seu poboamento, orixe da paisaxe cultural desta parte das terras da Dorsal Central Galega. O asentamento castrexo de San Salvador, chamado simplemente “O Castro”, foi aproveitado en emprazamento e simbolismo polo cristianismo, acollendo a se parroquial ao seu pé, na propia aldea do Castro. A localización, con excelentes vistas, é algo habitual entre este tipo de recintos fortificados e que a propia recorrencia toponímica soe evidenciar. Presenta a típica croa, que acada unha hectárea de extensión, o parapeto e unha estrutura en foxo que a protexe polo oeste. A humanización transformou o seu perfil e modificou parte dos seus límites ocupando un cacho da súa extensión orixinal o espazo construído e as actividades agropecuarias actuais, posiblemente servíndose dos antigos socalcos que xerou o seu desborde. Con todo, resulta evidente a socorrida forma circular a partir da topografía natural do terreo, cunha interrupción na parte nordés que debeu constituír o seu acceso máis importante. Está asociado a unha zona de enterramentos prehistóricos dos que se conserva, apenas, o coñecemento do seu último representante: a mámoa de Coto da Mámoa.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.