Igrexa de Sanguiñedo

Igrexa de Sanguiñedo

Está situada nun bosque. É unha igrexa de planta rectangular dunha nave cuberta a dúas augas,
a ábsida destaca en altura e cúbrese a catro augas. Ten pináculos nos cantos e no cumio. A
sancristía está acaroada.
Destaca un interesante pórtico sobre columnas de pedra no lateral, entre a sancristía e o muro
norte. Fórmase pola continuación da cuberta nese punto, que se apoia sobre unhas columnas
rudimentarias de pedra que lle confiren singularidade. Estas columnas apóianse sobre un banco
corrido de pedra que serve de base. Os tres fustes son prismáticos así como os capiteis, cunhas
lonxutides que equivalen á metade do fuste, son tamén prismáticos, máis anchos que o fuste e
biselados. Unha trabe de madeira serve de transición entre eles e a cuberta. A fachada ten porta
alintelada e espadana de dobre van rematada por un frontón triangular furado en arco de medio
punto e adornado con pináculos.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.