Cruceiro do Castro VI
É posible ver este simple cruceiro no cruce entre a estrada principal de Ourense a Santiago e a que leva a Rodeiro dende a cabeceira municipal, tras un pequeno muro que actualmente o separa da beirarrúa. É de talla pequena e enlaza os seus elementos de forma directa, sen transicións artísticas. A súa base está formada por un pedestal que parece máis antigo que o resto do monumento pétreo. Ten unha forma troncocónica biselada e redondeada polo desgaste. O varal pode considerarse de sección cuadrangular a pesares de contar cun rebaixe en lixeirísimo oitavado que só se perde no extremo superior, onde fai a transición mediante suaves concavidades en punta de frecha. A cruz é de sección rectangular, en forma latina, lisa, sen inscrición nin figura algunha, enlazada de maneira basta co fuste. O seu modesto tamaño e a falla de complexidade construtiva lembran a un elemento propio dos via crucis ou a unha simple sacralización dun cruzamento de camiños.