Muiño da Gouxa
Pequeno muíño de auga, construído sobre o leito do río Rego de Amear e nun privilexiado
contorno natural envolto no son da auga. Sitúase a poucos metros dos Pendellos, é de pedra e
ten cuberta a dúas augas. Á esquerda da súa porta alintelada vemos un andel de pedra, útil para
deixar cestos, colocar o gran ou a fariña. No seu interior conserva as trabes de madeira da
cuberta en perfecto estado, así como as moas ou pedras de moer.
O muíño é un elemento etnográfico imprescindible na vida social e laboral da súa comunidade;
garda gratas lembranzas de quen o utilizou tanto porque a espera para a moedura convérteno en
lugar de reunión por excelencia ou porque, debido ao seu emprazamento cerca dos núcleos
habitados por non dentro deles, fai deles lugares discretos, moi axeitados para encontros
románticos.