Cruceiro A Gouxa

Cruceiro A Gouxa

É un cruceiro con base cúbica e un fuste cilíndrico, un xogo xeométrico que achega esvelteza a
este elemento que ademais ten a peculiaridade de que se tallou unha personaxe sen identificar a
media altura que ben podería ser unha persoa que peregrina ou quen promoveu a súa
construción, como forma de purgar os seus pecados ou bendicir o lugar. Está rematado cunha
moldura sobre a que se apoia un capitel elegante e ben elaborado, de inspiración corintia pola súa
sofisticada decoración vegetal.
A cruz latina ten a Virxe nun dos seus lados e a Cristo no outro. O significado deste cruceiro pode
entenderse como parte do Camiño e da contorna cultural, co lavadeiro e os pendellos cercanos,
unha maneira de santificar esta interesante zona de alto contido social e de protección, oración e
descanso.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.