Antiga Casa do Concello
Está moi cerca da igrexa de Santa María de Dozón. Sitúase nun terreo lixeiramente elevado,
rodeada de natureza e sutilmente escondida entre as árbores. É un inmoble duns 200 m² de
planta rectangular e cuberta a catro augas.
A fachada é simétrica, coa entrada no medio, marcada por un pórtico de tres arcos de medio
punto rebaixados con molduras sinxelas e a utilidade de poder gorecerse no seu interior antes de
entrar no inmoble, moi axeitado tendo en conta que é un edificio público.
O resto das fachadas articúlanse con ventás sinxelas con grandes perpiaños reforzando o seu
perímetro, igual que nos cantos do edificio. Aínda que está en desuso, segue mantendo o cartel
de CASA CONSISTORIAL, detalle que, unido a súá ubicación no medio da natureza, achégalle a
Casa un agradable sentimento evocador.