Piscinas municipais
As piscinas municipais ó aire libre de Dozón atópanse na cabeceira municipal, Castro, nun lugar privilexiado pola súa tranquilidade e as súas vistas panorámicas, que acadan as elevacións da Dorsal Central Galega e as altas terras do sueste pontevedrés. Forman un conxunto de servizos que inclúe o campo de fútbol de A Curuxa e o albergue para peregrinos do Camiño de Santiago, que ocupa a antiga cafetería do centro de lecer. As piscinas ocupan unha parcela arborada con paseo, parque e alumeado público. Conta cun vaso grande para adultos, de lonxitude semiolímpica, e outro anexo pensado para os máis pequenos. Abren no verán e están dotadas de baños e duchas tanto interiores coma exteriores, existindo tamén cambiadores de roupa individuais.