Igrexa parroquial de As Maceiras
Igrexa de planta rectangular que situamos no barroco galego pero cuxa absoluta simetría
transpórtanos á perfección renacentista. Ten cuberta a dúas augas, ábsida máis ancha que a nave
e dispón de sancristía acaroada. A fachada enmárcase con dúas molduras laterais a modo de
pilastras que rematan en aletóns curvos donde se pousan uns pináculos piramidais. A portada e
alintelada e está decorada cunhas volutas que lembran as placas barrocas baixo as cales existiu
unha inscrición. Ten un pequeno óculo central polo que entra luz e unha espadana, tamén central,
composta por un van que se eleva por medio dun pedestal moldurado e remata con dobre arco e
cruz central.