Igrexa do Castro

Igrexa do Castro

Igrexa construída a principios do século XIX con nave rectangular e bóveda de canón. A ábsida
destaca en altura, está cuberta a catro augas, con pilastras nos cantos e pináculo no cumio. O
interior cúbrese con bóveda de cruzaría e o cruceiro con bóveda de aresta e arco de acceso de
medio punto sobre enormes pilastras. A sancristía, coa cornixa moldurada, está acaroada na
cabeceira.
A fachada está flanqueada por pilastras, a porta é alintelada e moldurada e ten unha pequena
fornela baleira.
O fantástico campanario de inspiración barroca compostelá ten dous corpos decorados por
pináculos con bola co superior rematado en cupuliña. A súa peculiaridade é que se pode acceder
a el libremente, a través dunhas escaleiras moi estreitas que parten do muro lateral e intérnanse
na igrexa ata chegar ao primero corpo do campanario, protexido cunha varanda de pedra.
Podemos entender o significado destas interesantes escaleiras como o ascenso ao Ceo a través
das dificultades da vida.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.