Capela do lugar de Santo Domingo
É unha capela sobria en tamaño e decoración. Está situada á beira da estrada N-525. É unha
capela dunha nave, ábsida rectangular e pilastras nos cantos, rodéaa un zócalo continuo tallado
en pedra. Ten una capela lateral acaroada.
A fachada tamén está enmarcada por pilastras, a porta é alintelada e rodeada con unha moldura
plana sen decoración. O único elemento decorativo sitúase encima da porta e é o escudo do
Mosteiro de Oseira que se compón de dous osos erguidos nun piñeiro entre dúas figuras
simbólicas da vida e a morte unidas por unha cadea. O remate superior componse con frontón
recto partido para situar a base para un pequeno campanil metálico. Ten vans abucinadas nos
muros laterais e na ábsida.