Cruceiro do Castro IX

Cruceiro do Castro IX

Este cruceiro é un dos sete que compoñía un conxunto sacro camiñeiro na aldea de O Castro, coincidente co trazado do Camiño de Santiago. Dos catro que aínda se poden ver, en diferentes estados, é o mellor conservado, servindo de representación formal para os máis deteriorados, pois parece que todos desenvolvían trazas moi semellantes. Hoxe en día aséntase sobre un camiño, tendo como base un gran bloque cúbico de basta fábrica e arestas romas pola erosión. Sobre o mesmo érguese un varal que coa base e o termo superior en forma cúbica ten a maior lonxitude en sección octogonal irregular, enlazando o paso xeométrico mediante caras alternas en transición de punta de frecha. No capitel, moi parecido ó dos cruceiros próximos, distínguense tres elementos: o máis baixo debeu de contar con forma tronco-prismática invertida, pero na actualidade se atopa moi redondeada polo desgaste, maiormente nun dos seus lados; segue cara arriba un prisma rectangular intermedio; a peza superior de remate é unha delgada moldura en forma de filete cadrado. A cruz, cuadrangular, ten un desgaste que nalgúns tramos lembra a un lixeiro oitavado. Non conta con inscricións, pero si presenta un Cristo crucificado de mans grandes abertas e cara ladeada á dereita que ten as súas pernas levemente flexionadas e cruzadas. O remate do pau e dos brazos traveseiros é florenzado aínda que moi desgastado, remate xa desaparecido nos cruceiros contiguos máis deteriorados.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.