Igrexa de Santa María de Dozón

Igrexa de Santa María de Dozón

É unha igrexa dunha sola nave con cuberta a dúas augas e ábsida elevada sobre a nave. Na
fachada destaca a porta enmarcada en dúas arquivoltas lixeiramente apuntadas e apoiadas sobre
dúas columnas con capiteis e fustes lisos. Por riba vemos un reloxo sobre un pequeno van. A
espectacular espadana dobre de factura barroca adórnase con unha imaxe da Virxe. A súa
construción inicial produciuse na transición do románico ao gótico, quedando vestixios desta etapa
nos canzorros que hai baixo o beirado aínda que hai información dunha igrexa anterior ao século
IX. Do seu interior destacan fragmentos dunhas interesantes pinturas murais renacentistas do
deniminado “Maestro de Sixto”.
A igrexa sítúase lixeiramente elevada sobre o seu adro e a súa entrada faise a través dunha
pequena escalinata lateral semicircular que lle rebaixa a simetría, achegándolle un toque singular
e distinguido.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.