Capela de San Amaro
Pequena capela situada no núcleo do Sisto, totalmente rodeada por edificacións. Ten planta
rectangular dunha nave con cuberta a dúas augas. A fachada está construída con grandes
perpiaños na súa parte baixa e con cachotería na parte superior. Fórmase cunha porta alintelada e
rodeada cunha moldura lisa con ollo de boi encima. Nos cantos, a construción refórzase con
grandes perpiaños que a enmarcan e achéganlle elegancia. Dispón de espadana central dun van
que se sitúa sobre un frontón curvo moldurado e volutas na unión coa dita espadana mentras na
unión cos lenzos se remata con esculturas de grandes copas con tapa, que nos lembran aos
copós que conteñen as hostias consagradas, remarcando que estamos nun lugar sagrado. A
ambos lados da espadana sitúanse pináculos decorativos.