Reitoral de Bidueiros

Reitoral de Bidueiros

Situada en conexión coa Igrexa de Bidueiros e co cemiterio e a escasos metros do núcleo
poboacional do mesmo nome. Ten forma de L e a súa escala é impoñente, destacando en beleza
sobre a igrexa, para a cal accedemos pasando por diante dela, que nos amosa o patio. Ten tres
volumes ben diferenciados e o patio mencionado, coa función de articular os accesos e cuxo
interior presenta os restos doutra construción, tal vez un almacén, que se lembra por medo dun
pinche e alimenta en nós a nostalxia. Rodéase dun muro que protexe a súa entrada principal
mentres que a parte traseira está sen deliminar, o que fai que poidamos ver o seu precioso patín e
os restos de encalado na planta superior. A casa reitoral é parte esencial da paisaxe de Bidueiros
debido ao seu tamaño, forma e elegante construción.

150 150 Dozón Turismo
Privacy Preferences

When you visit our website, it may store information through your browser from specific services, usually in the form of cookies. Here you can change your Privacy preferences. It is worth noting that blocking some types of cookies may impact your experience on our website and the services we are able to offer.

Our website uses cookies, mainly from 3rd party services. Define your Privacy Preferences and/or agree to our use of cookies.