Cruceiro do Sisto II
É un cruceiro singular, sen imaxinería e cos extremos do fuste rematados con pezas cadradas a
modo de capitel e base que rematan, na parte superior cunha Cruz de Xerusalén ou Cruz
Potenzada, aquela que acaba en forma de T maiúscula, símbolo dos Cabaleiros Templarios e na
parte inferior únese á base a través dunha peza a modo de fuste máis pequeño, de base
octogonal que serve para aumentar a súa altura. O cruceiro ten unha gran base cadrada e
elevada sobre unha grada contemporánea. É un cruceiro historiado que, tal vez, estea
descontextualizado dunha igrexa ou tivera formado parte dunha columna ou soporte doutra
construción, dada a orixinalidade e falta de relación coa tipoloxía de cruceiro da zona.